Sobre min

Le esta páxina en inglés ou en castelán.

Noutros lugares

Medrei nos arredores de Los Ángeles, California, en terras orixinariamente do pobo Tongva, ao pé do que agora chamamos as montañas de San Gabriel. Tras estudar lingüística funcional en Oregón, marchei a África Occidental durante a maior parte dos meus vinte anos. Alí ensinei inglés na escola secundaria no norte de Serra Leoa cos Corpos de Paz e primeiro de primaria nun colexio internacional á beira do Sáhara en Nuakchot, Mauritania.

O título deste blog é o topónimo landogo traducido da miña aldea de acollida en Serra Leoa. Tamén encaixa en Galicia.

Aquí

Vivo no corazón da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel en Galicia, unha pequena nación histórica e comunidade autónoma no noroeste de España. Traballo en remoto facendo soporte e contido para Castos, unha plataforma de aloxamento e análise de podcasts que tamén desenvolve un popular plugin de WordPress.

No meu tempo libre, quedo con queridos e veciños, coxestiono un espazo de coworking na vila, practico castelán e galego, organizo un intercambio de idiomas nun café local e fago voluntariado cunha ONG que apoia as persoas que están baixo de protección international. De cando en vez saio a explorar a zona na miña furgoneta co meu can Alqo.

Atráeme a linguaxe en todas as súas formas, desde a mecánica da gramática ata preguntas máis amplas sobre alfabetización, tradución e cultura. A miña vida espiritual xira arredor do islam heterodoxo (o que sexa que iso signifique), con intereses na meditación, o perenialismo e os trascendentalistas e poetas sufís. Síntome atraído por calquera pensamento anticapitalista e a pregunta de como esas ideas se cruzan coa tecnoloxía e a fe no século XXI. O demais é escribir no cuaderno, fotografía, tallado en madeira, mapas, D&D e caer por buratos negros de Wikipedia.

Este sitio é onde vive todo iso.

Escolapios castelo torre

Todas as opinións, anotacións e fotos son miñas, agás que se indique o contrario. Tamén podes contactarme aquí.

Tecnoloxía

Este sitio funciona con WordPress cunha versión personalizada do tema Simppeli, aloxado en DreamHost. A maioría dos textos comezan en iA Writer. Podes ver unha lista máis completa de o que uso aquí.