Sobre min

Le esta páxina en inglés ou castelán.

Traxectoria

Medrei nos suburbios dos Ánxeles, California, en terras orixinarias do pobo Tongva, xusto ao pé das actuais montañas de San Gabriel. Despois de estudar lingüística funcional en Oregón, marchei para África Occidental durante a maior parte dos meus anos vinte. Alí ensinei inglés en secundaria no norte de Serra Leoa co Peace Corps, e tamén dei primeiro de primaria nun colexio internacional á beira do Sáhara en Nuakchot, Mauritania.

Agora o meu fogar está no corazón da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, en Galicia, unha nación histórica e comunidade autónoma do noroeste da Península. Galicia atrapoume desde a primeira visita, polos seus verdes, a súa cultura propia e a riqueza da súa lingua.

Foco

Bota unha ollada ao que estou a facer agora.

Traballo en remoto para Castos, unha plataforma de aloxamento e analítica de podcasts cun equipo marabilloso. Mentres sigo descubrindo esta terra adoptiva co meu can Alqo (ás veces nunha furgoneta), tamén estou reformando pouco a pouco unha casiña nunha vila de arredor de 18.000 persoas. Algunhas tardes de xoves organizo un intercambio lingüístico. Fóra do traballo, paso o tempo con amigos e veciños, saíndo a pasear, practicando idiomas, lendo de todo que podo e, por suposto, pasando demasiado tempo na Wikipedia.

O título deste blog, Among the Stones, ou entre as pedras, é a tradución do topónimo loko da aldea onde vivín como hóspede en Serra Leoa. Tamén encaixa ben en Galicia. Mais Among the Stones trata sobre todo de min, das cousas ás que lles presto atención, e serve como refuxio fronte ás redes sociais algorítmicas.

Escolapios castelo torre

Intereses

Como outras mentes cazadoras-recolectoras, os meus intereses e afeccións non se acaban nunca e non chegan para unha soa vida:

Linguas, podcasts, espiritualidade, tradicións contemplativas, política radical e as interseccións entre elas, meditación, deseño humano e eneagrama, neurodiversidade, poesía sufí e transcendentalista americana, lugares salvaxes, historia profunda, migración, comunidade, fotografía, Dungeons & Dragons, senderismo, espazos compartidos, WordPress, automatización en iOS e a web independente

Todas as opinións, anotacións e fotos son miñas, agás que se indique o contrario. Podes tamén contactar comigo por aquí.